Rede de municipios, empresas e organismos que fomentan o servizo de Compartir Coche

Usuarios/as rexistrados/das: 82670

Usuarios/as en linea: 4

Compartir.org ofréceche a posibilidade de atopar persoas que coma ti queren compartir unha mesma viaxe.

Funciona grazas a concellos, empresas e organismos que forman parte da rede e che ofrecen este servizo de xeito totalmente gratuíto.

Indica o teu itinerario

Busca e atopa o servizo de compartir coche máis próximo á túa cidade.



E.g: Barcelona


E.g: Girona

Accesibilidade

O servizo de compartir coche fornecido pola plataforma http://www.compartir.org está comprometido a facer accesíbeis a todo o mundo os contidos e servizos incluídos na súa web de servizo público, en todos os seus apartados.

Compartir S.L. traballa para cumprir as normas ditadas polo World Wide Web Consortium (W3C), seguindo as pautas que marcan para acadar a Prioridade 3 (AAA) de Accesibilidade. Deste xeito, quérese facilitar o acceso á web a todas as persoas, independentemente do dispositivo e ferramenta que utilicen para accederen.

Isto significa que tanto unha persoa con algún tipo de diminución como calquera outra que se atope nunha circunstancia que dificulte o acceso á información da páxina web poida acceder aos contidos con éxito.

Compartir S.L. garante que os contidos que fornece cumpren a prioridade 3 (AAA) das pautas marcadas pola W3C e declara que, como estes contidos están inseridos en “frames” ou partes de webs dos seus clientes, NON PODE GARANTIR QUE OS CONTIDOS FORNECIDOS POLOS SEUS CLIENTES CUMPRAN O TRIPLE A DE W3C.

Para unha navegación óptima...

O servizo de compartir coche fornecido pola plataforma http://www.compartir.org deseñouse coa intención de que sexa compatíbel co maior número de navegadores posíbel. Porén, se navegades con Microsoft Internet Explorer, sería recomendábel que fose a versión 5.5 ou superior.

Para unha navegación óptima, a pantalla máis axeitada é a de 1024 x 768, cómpre ter activada a opción CSS e aceptar as cookies.

Propostas e suxestións

Esta web está en constante crecemento e desenvolvemento, mais se tedes algunha suxestión ou comentario sobre a accesibilidade, podédenolo facer chegar mediante correo electrónico, por correo convencional ou por teléfono.

Enderezo electrónico:

control@compartir.org

Enderezo postal:

Compartir S.L.

C/ Gavatxons, 3, 2ª

08221 Terrassa

Teléfono:

+34 649 63 92 42.