AVISO LEGAL - COMPARTIR S.L.
Compartir S.L. (en adiante COMPARTIR) informa que o seu portal www.compartir.org é un sitio web en Internet no que os usuarios poden atopar contidos e servizos.
COMPARTIR resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións respecto á súa presentación e configuración, así coma dos contidos e servizos presentados no mesmo.
Tanto o acceso directo a este portal, coma indirecto a través de ligazóns en páxinas de terceiros ou coma o uso que poida facerse da información contida no mesmo son exclusiva responsabilidade de quen os realiza. Adicionalmente, COMPARTIR non responderá dos danos derivados do mal funcionamento do ou dos servizos aloxados no mesmo que se baseen en causas, de calquera natureza, alleas á súa vontade.
COMPARTIR advirte que, ao non ser da súa titularidade toda a información contida no portal, algúns dos textos, gráficos, ligazóns ou o contido dalgúns artigos incluídos no mesmo poderían non ser veraces ou non estar actualizados. Por esta razón, COMPARTIR nin calquera outra empresa ou organización a quen COMPARTIR autorizase a inclusión das súas páxinas mediante unha ligazón non responderán nin dos erros ou omisións relativas á información da súa autoría, nin da veracidade da información depositada nela, agás en casos de manifesta actitude dolosa ou neglixencia grave pola súa parte, comprometéndose respecto ao resto da información a realizar os seus mellores esforzos para que os titulares da mesma procedan á súa actualización periódica ou, no seu caso, corrección.
Os dereitos vinculados aos signos distintivos ou dominios de Internet COMPARTIR e derivados, nas súas diferentes modalidades, pertencen a COMPARTIR, polo que a súa utilización non autorizada por terceiros dará lugar ás responsabilidades legalmente estabelecidas.
As eventuais referencias que se fagan no portal www.compartir.org a calquera produto, servizo, proceso, ligazón, hipertexto ou calquera outra información na que se utilicen os signos distintivos ou dominios, o nome comercial ou o nome do fabricante, fornecedor, etc., que sexan titularidade de terceiros non constituirán nin implicarán respaldo, patrocinio ou recomendación ningunha por parte de COMPARTIR.
TITULARIDADE DO PORTAL
Copyright (c) COMPARTIR S.L.
C/. Gavatxons 3 - 2
08221 Terrassa, España
Todos os dereitos de explotación están reservados.
Os dereitos de propiedade intelectual sobre o portal www.compartir.org son titularidade de COMPARTIR.
Corresponde á devandita empresa o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.
Concédese o dereito de reprodución parcial do seu contido a empresas ou organizacións sempre que concorran as seguintes condicións: 1) Que sexa compatíbel cos fins e intereses de COMPARTIR, 2) Que se realice con ánimo de obter a información contida e non con propósito comercial nin para uso distinto do individual, 3) Que ningún contido incluído neste portal sexa modificado de xeito ningún, e 4) Que ningún elemento dispoñíbel neste portal sexa utilizado, copiado ou distribuído separadamente do texto ou resto de contidos que o acompañan, 5) Que sexa comunicado previamente, por escrito e de xeito fidedigno, a COMPARTIR.
DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
COMPARTIR informa que para permitir que os usuarios poidan acceder a algúns dos servizos do portal faise preciso proceder á recollida de datos de carácter persoal.
De conformidade co establecido no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD), COMPARTIR procede á creación dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, no que se recollerán aqueles datos que sexan necesarios para realizar o acceso a algúns dos servizos do portal.
COMPARTIR garante a adopción das medidas oportunas para asegurar o tratamento confidencial dos devanditos datos, os cales poderán ser consultados ou modificados polo seu titular a través da páxina web "Modificar datos" do servizo. Tamén se pode contactar cos responsábeis deses datos escribindo a control@compartir.org
O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados polo mesmo. En ningún caso, nin COMPARTIR nin outra empresa ou organización que adquirise os servizos de COMPARTIR para os incluír na súa web son responsábeis da veracidade dos datos introducidos polos propios usuarios, polo que en ningún caso se lles poderá reclamar responsabilidade ningunha. COMPARTIR resérvase o dereito a excluír do acceso ao portal a todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.
COMPARTIR resérvase o dereito de facer servir os datos de contacto (especialmente o enderezo electrónico) coma medio de comunicación interna entre o usuario e COMPARTIR, sen que se poida considerar esta comunicación en ningún caso coma correo abusivo, masivo ou SPAM.
COMPARTIR é un servizo completamente gratuíto para os seus membros rexistrados que consiste, como xa saben, en poñer en contacto en liña a usuarios que queren realizar un traxecto ou unha viaxe similar. Manter e xestionar un servizo coma este ten un custo que é sufragado na súa totalidade pola venda a institucións públicas e organizacións privadas do servizo de compartir coche en formato ASP (Application Service Provider), polo que non se fai preciso realizar envío de promocións, ofertas ou mensaxes electrónicas aos seus usuarios.
Se non quere recibir mensaxes electrónicas automáticas do noso servizo coma resposta ás súas solicitudes de viaxe compartida, ten que ir á súa área de membros e borrar todas as viaxes activas que teña.
Para modificar os seus datos persoais de acceso diríxase a: meus datos e para cancelar as súas viaxes activas diríxase a: miñas viaxes
Se non realiza ningunha modificación no estado das súas viaxes, continuará recibindo mensaxes electrónicas automáticas ou doutros usuarios tal e coma habitualmente viña acontecendo até o de agora.
ACTIVIDADE COMERCIAL
A actividade comercial deste portal concrétase en dar soporte, presentar e informar sobre produtos ou servizos de COMPARTIR S.L. ou alleos.
Tocante aos produtos ou servizos alleos presentados a través do portal, COMPARTIR non asume responsabilidade ningunha sobre as súas condicións de fabricación, comercialización, prestación ou venda.
As transaccións comerciais de produtos ou servizos que poidan figurar no portal www.compartir.org suxeitaranse ás disposicións previstas na Lei 7/1995 e Lei Orgánica 2/1996, ambas as dúas de 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio polo Miúdo e as que prevea a Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (34/2002 de 11 de xullo). Segundo elas, o comprador poderá desistir libremente do contrato dentro do prazo de sete días, contados desde a data de recepción do produto ou servizo. Posteriormente, seralle reembolsado integramente o seu importe, sempre e cando o produto se atope en perfectas condicións e na súa embalaxe orixinal. Os gastos de devolución correrán a conta do comprador.
Os prezos e tarifas que figuran neste portal deben ser reflexo dos oficialmente vixentes. Caso de se producir algún erro ou incidencia na súa actualización, aplicaranse os prezos ou tarifas que están oficialmente vixentes no momento de formular e enviar a solicitude a COMPARTIR polo vendedor.
As ofertas de produtos e servizos estarán dispoñíbeis até o esgotamento de existencias.
Os prezos están indicados na moeda de curso legal que estabeleza o vendedor.
As cantidades expresadas en pesetas ou en calquera outra moeda de curso legal nos países da Unión Europea incorporados ao euro deberán ser expresadas no seu equivalente en euros.
RESPONSABILIDADE
COMPARTIR ou calquera empresa ou organización que adquirise os servizos de COMPARTIR para os incluír na súa web mediante ligazón queda exonerada de toda responsabilidade que puidese derivarse do uso indebido ou neglixente dos contrasinais e da falsidade dos datos achegados polos usuarios coma requisito previo de acceso ao servizo.
Para ser usuario de este servicio, habrá de tenerse la mayoría de edad.
El Ayuntamiento no se hará responsable de los daños de toda clase derivados de las conductas de los usuarios de este servicio.
Será responsabilidad exclusiva del usuario que ofrece el vehículo de transporte, estar al corriente de todos los seguros y permisos pertinentes.
Queda expresamente prohibida a inclusión neste portal de informacións ou opinións que:
1. Indiquen ou promovan discriminación sexual, racial ou relixiosa ou calquera outra vulneración dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas recoñecidas pola Constitución Española e resto do ordenamento xurídico.
2. Induzan ou inciten a actuar de xeito ilegal.
3. Leven a conclusións erróneas coma consecuencia da súa inexactitude, ambiguedade, esaxeración, omisión ou similares.
4. Induzan ou poidan inducir a un estado inaceptábel de ansiedade ou temor.
5. Induzan ou inciten a calquera persoa a se involucrar en prácticas perigosas de risco ou que atenten contra a saúde e o equilibrio psíquico.
6. Infrinxan as normas legais ou regulamentarias sobre segredo das comunicacións, propiedade intelectual, dereito ao honor e á intimidade persoal ou familiar ou calquera outra disposición aplicábel á natureza dos produtos ou servizos.
7. Conteñan información falsa, parcial ou non actualizada.
8. Incorporen elementos, contidos, mensaxes, formatos, produtos ou servizos ilícitos, violentos, pornográficos ou degradantes.
USO DOS SERVIZOS INCLUíDOS NO PORTAL
O uso por parte dos usuarios dos servizos incluídos no portal realizarase sempre consonte aos prazos e condicións previstas a tal efecto.
Os usuarios comprométense a non usar os servizos de balde (páxinas persoais, correo gratuíto, etc.) con finalidade comercial ou para uso distinto do individual.
Do mesmo xeito, os usuarios comprométense a usar os devanditos servizos gratuítos de modo tal que os mesmos non atenten contra as normas de uso e convivencia en Internet, por exemplo, a través do envío de correo non solicitado ou mediante comportamentos ou actitudes que supoñan molestias, dano ou prexuízo algún para os usuarios.
COMPARTIR queda exenta de toda responsabilidade polo incumprimento do anterior por parte dos usuarios e resérvase o dereito de suspender o servizo a quen de forma grave e reiterada incumpran as presentes condicións, podendo facelo sen previo aviso naqueles casos nos que, a xuízo de COMPARTIR, o incumprimento revista especial gravidade.
Para calquera suxestión ou proposta de colaboración escríbanos por correo electrónico a control@compartir.org.
(c) Copyright COMPARTIR.
Prohibida a súa reprodución total ou parcial. Aviso legal.