É de balde?
Si, 100% de balde!
Por que é preciso rexistrarse?
Porque así outros usuarios poderán contactar contigo. Se indicas cales son as túas afeccións, os teus gustos, etc... é máis doado atopar compañeiros de viaxe.
Recibirei correo non desexado?
En absoluto! O teu e-mail non será utilizado con ningún outro fin. Odiamos tanto coma ti o uso inadecuado do correo electrónico con outros fins que o desexado.
Que beneficios teño coma usuario rexistrado?
Se es usuario rexistrado poderás:
Os meus datos confidenciais coma teléfono de contacto, e-mail, etc... son visíbeis a outros usuarios? Se non o son, como se poñen en contacto comigo?
Os teus datos confidenciais non son visíbeis a usuarios estraños. Así ninguén poderá amolarte ou enviarte mensaxes non desexadas. Cando un usuario desexa contactar contigo, recibes un e-mail cos SEUS DATOS particulares. Serás ti quen decida se desexas ou non contactar con el.